02/02/13



     O meu burriño      

¡Arre, corre,
meu burro trotón,
meu burriño manso,
meu burriño bon!

-¡Corre meu burriño;
non galopes, voa!
¡A ver se lle gañas
ó vento que zoa!

-¡Arre, meu burriño,
que es un preguiceiro!
¡A ver se lle gañas
ó vento lixeiro…!

-¡Corre, meu burriño,
nos cascos pon ás!
¡Se queres, o vento
deixarás atrás…!

-¡Arre, meu burriño!
¡Corre máis deprisa!
¡Que se perde o vento
xa verás que risa…!

(Manuel María)
Manuel María (1929-2004)
O poeta da Terra Chá

https://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_María

 

Obra infantil e xuvenil

  • Os soños na gaiola (1968, Xerais).
  • Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo 
         chamada Berenguela (1979).
  • As rúas do vento ceibe (1979, Xistral).
  • A tribo ten catro ríos (1991, S. M.).
  • Unha sombra vai polo camiño; Como desapareceu 
        a Atlántida e apareceron os lagartos (1991, Xerais).
  • Cando o mar foi polo río (1992, S. M.).
  • Viaxes e vagancias de M. P. (1994, S. M.).
  • As ribeiras son escuras (1997, Everest Galicia).
  • O bigote de Mimí (2003, Everest Galicia).

O ARCO DA VELLA


O arco da vella
no ceo subido
co seu colorín,
co seu colorido.

O arco da vella
con sete colores
que teñen, no ceo,
beleza de flores.

O arco da vella
no ceo chantado
co seu colorín,
co seu colorado.

O arco da vella
é un arco triunfal
con sete guerreiros
que a ninguén fan mal.

O arco da vella
de luz feito é.
¡Resulta un milagre
que siga de pé!
                                                (Manuel María: Os soños na gaiola)















Por un ensino que non permita a desigualdade de oportunidades, e que non faga unha selección segundo as posibilidades económicas das familias.